Xuntanza
do Club de Lectura (terceiro trimestre)
E
a un mes de rematar este curso, xuntámonos na Biblioteca para
falarmos de dous libros moi interesantes: Matilda,
de e Carrusel.
O
alumnado de 1º ESO e 2º ESO, coordinado pola profesora de
matemáticas, Belén Pombo, comentaron o libro Matilda,
escrito polo británico Roald
Dahl.
N
a
conversa, falouse das principais temáticas que se recollen no libro:
a adaptación á escola do alumnado de altas capacidades e como se
deben atender as súas necesidades, da utilización da violencia como
método pedagóxico no ámbito escolar, da
educación e afecto que reciben as nenas e nenos por parte das
familias, da importancia que se lle dá ao aspecto físico e, por
último, resaltouse a importancia da presenza maioritaria da muller
na obra.
Despois,
como parte do alumnado viu a película de Matilda
polas canles de televisión, ou asistiron ao musical, tamén se
comentaron as principais diferenzas que se encontraron entre estas. O
que máis destacaron foi a introdución de efectos especiais para a
filmación dalgunhas das escenas.
3º
e 4º ESO e 1º BACH
leron o libro Carrusel, da escritora compostelá Berta Dávila. Ana
López, exprofesora
de inglés do noso IES,
xubilada desde o curso 2022-2023, foi a condutora desta posta en
común.
En
Carrusel,
trátase o tema da saúde mental e a convivencia coa dor, o dilema
persoal ao redor da maternidade cando padeces unha doenza mental...
Tamén se falou dos personaxes, do retrato familiar da avoa Úrsula e
do tío Carlos, Natalia, a súa mellor amiga...
Moi
importante na obra é a referencia ao mundo e linguaxe das ciencias,
especialmente a das matemáticas e da química. O uso das metáforas
como a do mercurio ou a do espello, límite entre o real e o irreal.
Tamén se percibiron nas páxinas de Carrusel
as voces de L.
Tolstoi e J. Joyce.
Con
todo isto, o balance da sesión foi moi positivo, xa que o alumnado
participou activa e criticamente.